Guía de literatura infantil e xuvenil para a igualdade II / GÁLIX
por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) [autor/a]
; Sampedro Martínez, Pilar [coordinador/a]
; Sampedro Martínez, Pilar [autor/a]
; Garro Mazaira, Leonor [autor/a]
; Gómez Serantes, Mª Isabel [autor/a]
; Iglesias Tobío, Mª Dolores [autor/a]
; Blanco Canosa, María [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Gregorio Fernández Sala préstamo | 18 VVA gui | 1 | Dispoñible | LED017000000646 |
|
||
| Prestable | IES Gregorio Fernández Sala préstamo | 18 VVA gui | 1 | Dispoñible | LED017000000869 |
|
Con esta nova guía seguimos traballando na escolla de narracións en que tanto as cativas como os cativos se vexan liberados dos roles de xénero máis estereotipados, destacar obras en que as nenas cumpren un papel protagonista, activo e senlleiro, presentar personaxes que representen as novas
masculinidades, recoñecer textos nos que a diversidade se presente de maneira natural, reflectir textos en que o maltrato e a violencia, en calquera das súas formas, son claramente condenados ou se establece unha reflexión profunda a partir delas, valorizar os saberes e espazos tradicionalmente considerados femininos, impulsar os valores de igualdade, paz e tolerancia a través da literatura, achegar outras culturas para que se coñeza a situación de nenas e mulleres en ámbitos
diferentes aos da cultura occidental, en resumo seguir traballando no camiño da Igualdade.
Recolle fichas de 57 libros publicados nos anos 2018 e 2019, incluído datos bibliográficos e propostas de traballo.
Esta Guía de Literatura Infantil e Xuvenil para Igualdade non só selecciona os libros máis axeitados para o alumnado senón que ademais facilita o traballo do profesorado e das familias mediante unha serie de documentación de cada un dos libros dos que se recolle: a ficha bibliográfica, resumo do argumento, eixes coeducativos e non discriminatorios que amosan as temáticas relacionadas coa igualdade, propostas de traballo concretas pensadas en relación ao apartado anterior e que tentan fomentar a reflexión sobre os roles e estereotipos de xénero, respecto pola diferenza, a situación en momentos históricos concretos, a importancia de determinadas mulleres na historia e outras obras relacionadas con ese libro, para continuar afondando nos valores, nos temas e nos motivos que nel se presentan.